CINCO EN ZOCAS

Publicado: 22 de marzo de 2022, 05:00
  1. Nuestros artistas
CINCO EN ZOCAS

Andrea, Dunia, Lara, Marta e Silvia somos Cinco en Zocas, un grupo de pandereiteiras vencelladas dende cativas ó baile a á música tradicional. Todas somos do Grove, por nacemento ou por adopción, e coñecémonos dende nenas por temas relacionados co folclore e a cultura tradicional. Cando crecemos, os estudios, traballos e diferentes cousas fóronnos levando por sitios distintos, ata que, no ano 2016, nos atopamos as cinco de volta aquí, vivindo outra vez no Grove ou preto, e decidimos xuntarnos para tocar e pasar o rato xuntas. Así xurdiu, un pouco por casualidade,
Cinco en Zocas. Ao pouco tempo de estar quedando para tocar, saíunos a posibilidade de actuar no Encontro de Pandereteiras que organiza o Concello de O Grove, en outubro dese mesmo ano, enmarcado dentro do programa da Festa do Marisco. E dende esa nosa estrea, vimos tendo actuacións de xeito habitual.

As pezas que montamos proceden sempre do traballo de recollida, recuperación e difusión da música tradicional. Aínda que é certo que, como somos da opinión de que a música é un ser vivo, suxeito ao cambio, á modificación e sobre todo ao xogo, sempre metemos algo de colleita propia, fuxindo un pouco da mera reprodución de aquelo que interpretamos, tratando de respectar a raíz, pero imprimíndolle o noso propio carácter.

Entre as nosas iniciativas tamén se inclúe a de achegar a nosa cultura aos máis cativos, iniciando un ciclo de aprendizaxe e acudindo ás escolas para realizar exposicións didácticas. Dentro das mesmas, teñen cabida a explicación da orixe desta tradición, os diferentes instrumentos tradicionais galegos, a labor de recollida, a
representación de pezas e a intervención dos nenos e nenas mediante instrumentos cotiáns. O obxectivo é explicarlles, a estes nenos e nenas, que é neles onde vai quedar a responsabilidade de conservar unha importante parte da nosa cultura, a música popular. 

CINCO EN ZOCAS - Imagen 1

CINCO EN ZOCAS - Imagen 2

CINCO EN ZOCAS - Imagen 3

CINCO EN ZOCAS - Imagen 4

CINCO EN ZOCAS - Imagen 5

CINCO EN ZOCAS - Imagen 6

CINCO EN ZOCAS - Imagen 8

CINCO EN ZOCAS - Imagen 9

CINCO EN ZOCAS - Imagen 10

CINCO EN ZOCAS - Imagen 11

CINCO EN ZOCAS - Imagen 12

CINCO EN ZOCAS - Imagen 13

CINCO EN ZOCAS - Imagen 14

CINCO EN ZOCAS - Imagen 15

CINCO EN ZOCAS - Imagen 16

CINCO EN ZOCAS - Imagen 17

 

Noticias relacionadas

XULIO LORENZO 22 mar

XULIO LORENZO

22/03/2022 Nuestros artistas
FILLA DA ROSEIRA A Rosa, o simbolo do meu lar, de Mos o meu pobo. Esta canción esta adicada a tódalas persoas que día a día loitan coas súas vidas con tantas e tantas historias de superación, en especial as mulleres Mosenses do Centro Galego Residentes de Mos en Bos Aires, Arxentina. Filla da
OS SALJARITEIROS 22 mar

OS SALJARITEIROS

22/03/2022 Nuestros artistas
Cantos de Taberna “Según a definición do Disionario da Revolusionaria Academia Morraçense da Lingua, “saljariteiro” dícese do home que lle gustan moito as mulleres, así como bailar cantar e andar de troula…( de ahí o noso nome)”. O grupo de cantos de taberna “Os Saljariteiros” nace, dun
ANCESTROS 22 mar

ANCESTROS

22/03/2022 Nuestros artistas
 Agrupación musical de carácter celta con influxo nórdico e fusións étnicas e tradicionais. Espectáculo musical que vos sumerxirá nunha auténtica viaxe de retorno aos nosos antepasado e herdanzas ao longo dos anos.
COANHADEIRA 22 mar

COANHADEIRA

22/03/2022 Nuestros artistas
Coanhadeira nace en Ourense no ano 2006 como unha banda de música folk entregada a amosar aquelas marabillas musicais conservadas até os nosos días a través da tradición oral da cultura galega.Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, acadamos numerosos