
É un proxecto musical creado polo artista taiwanés King Sing e o galego-dominicano José García.
Estes dous músicos de orixes tan dispares coñecéronse en 2010 como estudantes na Berklee College of Music de Boston. Durante a súa estadía nos Estados Unidos, interesáronse pola musicoloxía mundial e investigaron as posibilidades dun novo son.
Unha vez rematado o período en Berklee, José mudouse a terras asiáticas con King Sing e alí combinaron a composición e a producción musical co estudo intensivo da música celta, taiwanesa e dominicana.
Despois cinco anos de diálogo musical en un momento de cambios a nivel global, SDG preséntanos Gaia Formosa («Terra fermosa»), unha obra internacional cunha riqueza culturextraordinaria que se estreou en Outubro de 2020 e que ata o momento recibiu grandes críticas dos medios de comunicación e una gran acollida por parte dos seus seguidores.
Grandes músicos de Taiwán, Xapón, España, República Dominicana, Líbano ou Venezuela, entre outros, foron convidados a tocar e participar xuntos para dar forma a Gaia Formosa.
Cabe destacar a colaboración especial de Jorge Pardo, mellor músico de Jazz europeo en 2013 e frautista co mítico Chick Corea; a participación de Anxo Lorenzo, gaiteiro e frautista céltico internacional; a de Javier García Escudero, gañador dun Grammy Latino que se encargou de mesturar o disco e a de Greg Calbi, gañador dun Grammy en 2019 que se encargou do masterización.
Con todo isto, SDG busca cativar ao oínte, convidándoo a re?exionar e facéndoo gozar dunha sorprendente experiencia sonora.
A música é universal, é a ponte que nos une, que nos conecta como culturas e que nos fan únicos no Universo.
COMPOÑENTES:
King Sing: Guitarra e voces
José García: Batería, percusións e voces
Michelle Jiang: Frauta de bambú
Han Hsieh: Baixo eléctrico / Contrabaixo
Falk Bonitz: Piano e teclados