XULIO LORENZO

Publicado: 23 de marzo de 2050, 11:00
  1. Nuestros artistas
XULIO LORENZO

FILLA DA ROSEIRA


A Rosa, o simbolo do meu lar, de Mos o meu pobo. Esta canción esta adicada a tódalas persoas que día a día loitan coas súas vidas con tantas e tantas historias de superación, en especial as mulleres Mosenses do Centro Galego Residentes de Mos en Bos Aires, Arxentina. Filla da Roseira para min ten ese significado, segue adiante, vive os teus soños, non te rindas nunca. A letra está feita por un grandísimo compositor e amigo, Raúl Ben Rodriguez e cantada xunto a min por unha das mellores voces galegas da actualidade, Belém Tajes.

XULIO LORENZO - Imagen 1

Xulio Lorenzo presenta o seu novo traballo discográfico, Volver Soñar. Un disco diferente con novas cores musicais, novas composicións e como sempre rodeado de grandes profesionais e sobre todo de grandes amigos.

Como no primeiro disco, Xulio compón a maioría de temas e coa axuda de Diego Bea Besada como productor musical dan vida a este novo traballo que de seguro gustará a todolos públicos con temas alegres, cheos de historias e sobre todo de emocións e sentimentos.

Unha parte esencial deste novo disco son sin dúbida algunha os artistas convidados.

Un elenco de grandísimos músicos que poñen a guinda perfecta a un traballo orquestado en todo momento por Diego Bea Besada, productor e gran amigo.

Belém Tajes (Vudú), Marisé Balado, Pandereteiras Arume, Estela Rodríguez, Margarida Mariño, Marcos Campos (Arxe), Diego Calviño, Iván Blanco, Diego Cabaleiro, Cibrán Seixo e Andrés Penabad xunto cos músicos da banda XL, Carlos Castro, Roberto Comesaña, Diego Bea e Adrián Blanco fixeron posible éste novo disco de Xulio Lorenzo e así…Volver Soñar.

 

Xulio Lorenzo: Gaita Galega,Flautas, Voz

Roberto Comesaña: Acordeón

Diego Bea: Guitarra, Percusión Gallega.

Adrian Blanco: Teclados, Piano,

Cibrán Seixo: Violín.

Baixo: Rafa Morales

Belém Tajes: Voz

Marcos Campos: Gaita Galega

Iván Blanco: Pandereteiro, voz

Diego Cabaleiro: Pandereteiro, Voz

Noemí e Xadrao: Bailaríns tradicional

Yara e Kevin Juncal: Bailaríns contemporáneo

Dibay:  Son e Iluminación profesional

Concierto de música folk con 80% de temas de composición propia, temas galegos e celtas. O espectáculo dura 90 minutos aproximadamente.

O repertorio inclue temas do seu primeiro traballo discográfico Cantos da Ialma (2017) temas do novo disco Volver Soñar e temas especiais de directo, Muiñeiras, Xotas, Pasacorredoiras…

Acompañado de máis artistas convidados, bailarins, pandereteir@s, gaiteiros,…

Xulio Lorenzo é un músico e compositor Galego nacido en Louredo, unha parroquia do Concello de Mos na provincia de Pontevedra.

Comeza o estudio da gaita en 1992 na casa do Pobo (Centro Cultural de Louredo) da man de gaiteiros de renome do lugar. En 1997 pasa a ser integrante da Banda de gaitas Xarabal de Vigo, dirixida polo Mestre de Mestres, Antón Corral.

Como compositor, é autor de varias obras tanto para gaita como para frauta doce o whistle destacando a “Muiñeira de Mos”  e a “Alborada Camiño da Rosa”dedicadas o seu Pobo, ésta última, presentada coa colaboración dos grupos de gaitas de Mos. Máis de 80 músicos interpretaron a “Alborada Camiño da Rosa” no día da súa presentación. A Alborada Camiño da Rosa, foi nomeada Himno Municipal do Concello de Mos, no pleno celebrado o día 18 de decembro do 2017.

No 2015 comeza unha aventura musical no Brasil, unha xira de tres meses da man do grupo Gaiteiros de Lume. Con eles participa en concertos por todo o estado así como na  gravación do segundo álbum dos músicos curitibanos.

Xa de volta en Galicia e convidado a viaxar de novo, esta vez a Italia onde fai unha xira polo sur acompañando ó grupo Napolitano Brigan.

A finales de 2015 decide dar forma as súas propias composicions reunindo con él un equipo formado por grandes músicos do panorama musical actual, é así como nace Cantos da Ialma (2017).

No 2020 saca o álbum Volver Soñar. Tras botar dous anos actuando grazas a este disco, o artista volve para presentarnos un novo espectáculo no que fusiona temas dos seus anteriores discos. Ademais, prepara para este ano novo o seu terceiro disco como solista. No seu espectáculo actual pódese ver una composición propia e un estilo musical moi arraigado na tradición. Os seus concertos duran unha hora e media, e son un evento pensado para todo tipo de público.

Noticias relacionadas

POP ROCK SYMPHONY FUSION 27 ene

POP ROCK SYMPHONY FUSION

27/01/2025 Nuestros artistas
Un nuevo espectáculo musical de masas “Pop-Rock-Symphony Fusión” es la denominación de este nuevo modo de hacer música ofreciendo un singular espectáculo que encandila a todos los públicos. Se trata de una Banda de Música y de un Grupo Rock generando una simbiosis novedosa y capaz de mantener
FROJÁN 23 ene

FROJÁN

23/01/2025 Nuestros artistas
Froján es poesía autodestructiva en equilibrio con la fuerza del rock alternativo. Una banda nueva con ganas de hacer sentir a sus oyentes las historias de vida que albergan sus canciones. Asentados en la ciudad de Pontevedra, acaban de publicar su segundo disco, 'Reflejos', producido por Kolibrí
JORGE ÁLVAREZ 14 ene

JORGE ÁLVAREZ

14/01/2025 Nuestros artistas
Con una pasión ardiente por la música y una habilidad incomparable para leer a la multitud, Jorge Álvarez se ha convertido en el alma de las fiestas en Patrimonio, Pontevedra, y más allá. Como residente local, Jorge ha establecido su reputación como el maestro de las tornamesas, entregando sets
CONDUCTORES SUICIDAS 23 mar

CONDUCTORES SUICIDAS

23/03/2022 Nuestros artistas
Conductores Suicidas es una banda tributo a Joaquín Sabina compuesta por ocho talentosos músicos que se suben al escenario para rendir homenaje al repertorio del icónico artista, ofreciendo el espectáculo más respetuoso y fiel a su esencia. En cada presentación, la banda muestra un show que es un